O Comité Organizador do Congreso (COC) do Partido Popular de Ponteareas vén de proclamar como válida a candidatura de Nava Castro Domínguez, actual alcaldesa do municipio. A popular era a única aspirante á presidencia do partido no sétimo cónclave local da formación, fixado para o domingo 2 de novembro.
O equipo rector do proceso congresual, presidido por Juan Carlos Ojea e do que tamén forman parte os concelleiros Silvia Fernández e Francisco Represas, e Rafael Martínez, examinaron a documentación nunha reunión na sede do partido. Tras esta análise, e tal e como figura na acta de proclamación, a candidata «reúne os requisitos previstos sobre antigüidade de militancia, pago de cotas e demais obrigas estatutarias e que presentou os avais requeridos», que eran un mínimo de 60 en base ao recollido no regulamento deste proceso.
Desta forma, Nava Castro proclámase oficialmente candidata á presidencia do PP de Ponteareas e poderá comezar unha campaña electoral interna de presentación do seu proxecto e de contacto coa militancia. Dito proceso, prolongarase durante dez días que abranden do xoves 16 de ao sábado 25 de outubro.
A alcaldesa, e previsiblemente futura presidenta da agrupación, sudecerá nesta responsabilidade orgánica á ex voceira municipal, Belén Villar, que dirixíu o partido durante os últimos sete anos.
Posteriormente, a futura candidata deberá presentar formalmente aos demais integrantes da futura xunta local do Partido Popular de Ponteareas, conformada por unha vintena de persoas que terá que ser validada e proclamada polo comité organizador antes da celebración do congreso.