O Concello de Arbo vén de adquirir un total de 90 novos libros co fin de incrementar a variedade e actualización dos fondos dispoñibles na biblioteca municipal. O reforzo conta cunha especial atención en literatura infantil e xuvenil, sectores fundamentais para fomentar as habilidades de lectura nas primeiras etapas da vida.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, afirma que “fomentar a lectura é un investimento no futuro da nosa comunidade, e esta iniciativa busca ampliar o acceso á cultura e fortalecer o sector das librerías locais mediante unha maior diversidade e actualización de contidos”.
«A importancia da lectura como ferramenta fundamental para o desenvolvemento cognitivo e emocional das persoas foi unha prioridade nas políticas culturais do goberno local durante o ano 2025», que ademais dotou á Biblioteca de novos computadores con conexión gratis a internet.
Dende o Concello de Arbo recordan que o horario da biblioteca é de luns a venres de 10:15 a 14 horas e de 15:30 a 19:15 horas.