miércoles, octubre 15, 2025
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza formalizará o convenio coa Comunidade de Montes Veciñais Os Gómez-Oroso...

A Cañiza formalizará o convenio coa Comunidade de Montes Veciñais Os Gómez-Oroso e abonará o prezo da expropiación do Parque Empresarial

O Concello da Cañiza vén de informar que no pleno ordinario deste venres 17 de outubro, someterase a aprobación a sinatura dun convenio coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Os Gómez-Oroso, propietaria dos terreos expropiados no ámbito do antigo mercado de gando e actualmente convertido no Parque Empresarial da Uceira.

O obxectivo do convenio é formalizar o pago fraccionado do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia fixada en 89.739,92 euros.

O acordo chega tras un procedemento administrativo no que se incorporaron os informes técnicos e económicos municipais e a fiscalización do gasto pola Intervención Xeral. A proposta foi tamén avalada pola Comisión Especial de Contas na sesión do pasado 13 de outubro, e será elevada ao Pleno como órgano competente para a súa aprobación definitiva.

O convenio establece así que o Concello da Cañiza abonará o importe do prezo xusto en doce anualidades, de aproximadamente 7.500 euros cada unha, comezando no exercicio 2025 e finalizando en 2036. Os pagamentos realizaránse antes do 31 de decembro de cada ano e non xerarán intereses, salvo en caso de demora.

Segundo explicou o alcalde, Luis Piña, este acordo supón «un exemplo de xestión responsable, rigor económico e diálogo institucional coa Comunidade de Montes de Os Gómez, que permite dar cumprimento á resolución do Xurado de Expropiación sen comprometer o equilibrio orzamentario do Concello».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS