Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsComarcasO SAF de Ponteareas ao Concello: "Olvidades ao máis importe do servizo,...

O SAF de Ponteareas ao Concello: “Olvidades ao máis importe do servizo, ás traballadoras”

O pleno extraordinario que vén de celebrar o Concello de Ponteareas co obxectivo de tratar a situación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar non serviu para desconvocar a folga indefinida. Os argumento do goberno municipal (PP, ACIP e Independentes de Ponteareas) non convenceron ao SAF da vila do Tea porque, segundo explicaron, “estades olvidando o máis importante, que son as traballadoras”.

O encargado de poñer voz á postura do goberno municipal foi o edil de Facenda, Francisco Jesús Represas, quen indicou que “non imos agardar ao proceso adminsitrativo para solventar os problemas do SAF” e que “se a empresa continúa sen cumplir, abriremos entón ese expediente sancionados”. Pola súa banda, as traballadoras indicaron que “xa non están cumprindo” e criticaron que “o Concello está salvando á empresa mentres os estades olvidando de nós”.

Ao carón de Represas, a edil de Benestar Social, Raquel Plana, non interveu na sesión plenaria, pero si escoitou unha das traballadora do SAF de Ponteareas, quen, con bágoas nos ollos, achegouse á bancada do Partido Popular para reclamar que “por favor, solucionada isto, estamos nunha situación crítica”.

A tensión foi en aumento durante a celebración do pleno extraordinario. As traballadoras tomaron a palabra en máis dunha ocasión para denunciar que levan xa máis de 19 días en folga e que “queremos traballar para vivir”. Sinalaron que “non se trata de estar politizadas, somos nós as que estamos sen cobrar” e pediron que “non nos tratades como tontas dicindo que estamos facendo isto porque nos convenceron, temos iniciativa propia”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, insistiu hoxe que “non imos a municipalizar o servizo, polo menos con este goberno” o que terminou coa paciencia das traballadoras do SAF, que abandonaron o salón de plenos porque “non nos estades escoitando”.

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar continuarán en folga indefinida.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS