lunes, octubre 13, 2025
InicioNewsActualidadeXornada de formación en resinación de piñeiros en Toutón, Mondariz

Xornada de formación en resinación de piñeiros en Toutón, Mondariz

O GDR Terra e Auga organiza na parroquia de Toutón, en Mondariz, un curso de resinación de piñeiros galegos, unha práctica forestal sostible para a extracción da resina das árbores.

A formación desenvolverase entre o 20 e o 24 de outubro, en horario de 16 a 20 horas, cun total de 20 horas lectivas de carácter teórico-práctico.

As prazas son limitadas, sendo un total de 15 as dispoñibles. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do teléfono 986 66 33 29 o no correo electrónico gdr@gdrterraeauga.gal .

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS