Domingo, Marzo 1, 2026
HomeNewsUn rebrote do incendio do Sil obriga a cortar o tren entre...

Un rebrote do incendio do Sil obriga a cortar o tren entre Ourense e Monforte

O lume do incendio forestal que se rexistou durante o verán na parroquia de Pombeiro, en Pantón, provoca o corte da vía do tren por motivos de seguridade. Concretamente, afectou a tres trens de viaxeiros e viaxeiras, incluído un Alvia con destino á cidade de Madrid. Como alternativa, Renfe trasladou aos pasaxeiros por estrada mentres os efectivos controlaban o foco.

Con todo, sobre as 16:30 horas, o alcalde do municipio, José Luis Álvarez, confirmou que o “rebrote” deste incendio que arrasou con maís de 1.800 hectáreas entre Pantón e Sober xa estaba controlado.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS