martes, octubre 7, 2025
InicioNewsActualidadeSamuel Merino, veciño do Porriño, gaña o Premio Nacional de Poesía Viva...

Samuel Merino, veciño do Porriño, gaña o Premio Nacional de Poesía Viva de El Corte Inglés

O poeta Samuel Merino, veciño do Porriño, vén de proclamarse gañador da sétima edición do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica que organiza Ámbito Cultural do Corte Inglés. Segundo indican nun comunicado, trátase «dunha edición moi concorrida e na que participaron máis de 500 poetas de toda España«. Isto supuxo «un aumento do 66 % respecto a os participantes do ano anterior». Como parte do premio, Samuel Merino recitará o vindeiro venres 10 de outubro no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza nunha gala xunto con outros representantes culturais.

O gañador será o protagonista dunha gala poética xunto ao poeta surcoreano Ko Un, os actores Ginés García Millán e Silvia de Pé e a cantautora Guada así como pola gañadora do Premio #LdeLírica do ano pasado e recente gañadora do Poetry Slam de España, a poeta e creadora escénica Annët Batlles.

Esta presentación co gañador do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica realizouse en anos anteriores no Museo do Prado, a Real Academia da Lingua ou o Teatro Real de Madrid.

Como novidade nesta edición, é que haberá unha dotación económica de 1.881 euros, «unha cifra en homenaxe á data de nacemento do poeta español e Nobel de Literatura Juan Ramón Jiménez, 23 de decembro de 1881, en Moguer, Huelva», tal e como indican desde a compañía.

Samuel Merino

Desde o ente que galardoa a Merino, indican que a súa obra «articúlase ao redor dunha poética de carácter reflexivo influída pola súa formación filosófica e pola súa experiencia nas artes escénicas» e que «as súas creacións adoitan presentarse en recitais e formatos próximos ao teatro e a performance, con propostas como Mudar a pelVida útil da porcelana (Premio Pezas dun Teatro do Porvir Galicia-Portugal)  ou De rota raposa, realizadas xunto á poeta Silvia Penas, e Os nomes íntimos, en colaboración con Lucía Aldao.

No ámbito editorial, Merino publicou Guantanamera. Poema en un acto (2021), Con esta hoz / Con esta guadaña (2023), Claustro Corda Comensal (2023) e Manual de camuflaxe, obra galardonada con el LIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey en 2025.

Na sétima edición do Premio Nacional de Poesía Viva, coordinado por Gonzalo Escarpa, poeta e director da Piscifactoría Laboratorio de Creación participaron máis de 500 poetas. Deles 49 creadores foron seleccionados para participar nas semifinais que se tiveron lugar, de forma presencial, en sete cidades españolas.

Xunto a Merino, os finalistas que participaron nesta edición foron Víctor G. de la Rosa (@victorgdelarosa) pola Zona 2 (Cantabria, Castela e León e País Vasco); Ana M. Valera (@avalera28) pola Zona 3 – Cataluña, Aragón, Navarra e A Rioxa; Sandra Lucena (@Mama_Fera) pola Zona 4 – Comunidade Valenciana, Murcia e Baleares; Antonio López Rodrigálvarez da Peña (@antoniolopez) pola Zona 5– Andalucía, Ceuta e Melilla; Bruno Lastra (@brunolastra74) pola Zona 6 – Castela A Mancha, Estremadura e Madrid e Lida Torres Ortiz (@lidiatowiz) pola Zona 7 – Canarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS