martes, octubre 7, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas logra un financiamento de máis de 11 millóns de euros dos...

Ponteareas logra un financiamento de máis de 11 millóns de euros dos fondos FEDER

O Concello de Ponteareas vén de conseguir o maior respaldo económico da súa historia: máis de 11 millóns de euros procedentes dos fondos FEDER 21-27, unha cifra coa que o goberno local impulsará unha decena de proxectos transformadores para a vila.

“A execución de grandes proxectos que mellorarán o día a día da veciñanza comeza hoxe e non será un mero discurso, será unha realidade”, explicou a concelleira de Urbanismo e Axenda 2030, Silvia Fernández Táboas, tras coñecer a resolución provisional que sitúa a Ponteareas como un dos concellos máis beneficiados destes fondos europeos.

O Plan de Actuación Integrado de Ponteareas (PAI) materializará un modelo de desenvolvemento máis sostible, inclusivo e moderno, que vai desde novas infraestruturas sociais ata solucións dixitais de acompañamento para maiores. “Con isto lograríamos os nosos obxectivos de goberno”.

Entre as iniciativas destacan a construcción de dous centros de día en Xinzo e Guláns, a Creación da nova biblioteca municipal, un novo edificio para a unidade de atención temperá en ASPRODICO, a instalación de sensórica e domótica en vivendas de maiores, unha Casa da Cultura en Pías e o remate da de Padróns e a mellora da Praza de Bugallal con pérgolas de sombreado.

“Este financiamento permitirá actuar alí onde máis se precisa: nas persoas maiores,
nos demandantes de vivenda, no tecido comercial e nas rúas e prazas que
queremos facer máis atractivas para vivir e para visitar”, asegurou a rexedora,
Nava Castro.

Entrevista á concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS