A Garda Civil de Vigo, a través de Seprona, investiga a unha muller, veciña de Gondomar e de 52 anos, como presunta autora dun delito de abandono e maltrato animal. Os axentes localizaron no río Peitieiros, en Gondomar, 10 cadáveres de cachorros de cans e cinco cachorros vivos «que morreron posteriormente», segundo indica a benemérita.
Neste contexto, teñen lugar diferentes pesquisas pola zona así como diversas xestións co obxectivo de esclarecer os feitos. Finalmente, identifícase á persoa agora investigada. Localízase na súa vivenda a dúas cadelas que, aparenetemente, deran a luz aos cachorros. Ademais, ningunha tiña o chip correspondente.
É entón cando os axentes informaron á veciña que será investigada por un presunto delito de abandono e de maltrato animal, ademais dunha denuncia ante a Xunta de Galicia por ter as cadelas sen ningún tipo de documentación.