A vicepresidenta do CPI da Cañiza, María del Carmen Espadas, explica nos micrófonos de Si Radio a situación do pavillón do colexio: «Os nenos e as nenas non poden empregalo para facer, por exemplo, Educación Física» e que «agora teñen que dar a materia a través de teoría cando fai mal tempo».
O Concello propúxolle como solución o pavillón municipal «pero non é viable» porque «é un traxecto longo e, cando chove, os nenos e as nenas non teñen como abrigarse».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: