miércoles, octubre 8, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas dá 48 horas á empresa do SAF para que "corrixa os...

Ponteareas dá 48 horas á empresa do SAF para que «corrixa os erros detectados nas nóminas»

O Concello de Ponteareas vén de emitir un comunicado no que indica que, despois de que o concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, participara nunha reunión coa empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do municipio e coas representantes sindicais das traballadoras, a adminsitración local esíxelle que «nun prazo máximo de 48 horas corrixa os erros detectados nas nóminas» e que «nun prazo de 15 días regularice o resto das cuestións pendentes«.

Ademais, «de manera consensuada coas traballadoras», tal e como indican no comunicado, «tamén se acordou levar ao pleno extraordinario do martes 14 un punto específico sobre o estado da situación». Represas insiste en que «se a empreas presenta a renuncia voluntaria, o Concello aceptaríaa, aínda que iso supoña que as arcas municipais teñan que asumir os gastos ocasionados, xa que a normativa non contempla a devolución dos importes por parte da adxudicataria».

O Goberno municipal detalla no comunicado que «a súa prioridade é garantir que as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar reciban a atención que merecen, e agarda que esta situación se resolva con celeridade e responsabilidade por parte da empresa». As traballadoras do SAF de Ponteareas mantéñense en folga indefinida porque, segundo explicaron ao equipo de informativos de Si Radio, «só nos vale que a actual empresa, Óbolo, quede fóra«.

Neste contexto, o concelleiro advertiu que, «de non cumprirse estes prazos, o Concello procederá á apertura dun expediente sancionador, que será levado ao pleno ordinario de outubro».

Pleno a porta pechada

En canto á celebración sesión plenaria a porta pechada, o Concello lamenta «o acontecido no pleno celebrado hoxe. Os berros e as continuas alteracións da orde obrigaron a facer un receso e, posteriormente, a trasladar a sesión á Alcaldía, ante a persistencia das actitudes de violencia verbal».

Na Alcaldía, todos os grupos da Corporación Municipal «continuaron coa orde do día, unha posibilidade recollida no artigo 59, puntos 3 e 4, do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais». Con todo, «a porta pechada volveuse producir unha alteración da orde que fixo imposible o correcto desenvolvemento da sesión, polo que, despois de numerosas advertencias e chamadas á calma, o Goberno viuse na obriga de continuar en solitario», tal e como o recollen no comunicado enviado aos medios de comunicación.

Os grupos políticos da oposición (BNG, PSOE e Ponteareas en Común) expliaron nos micrófonos azuis de Si Radio que foron axentes da Garda Civil os que os desaloxaron da alcaldía.



مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS