miércoles, octubre 8, 2025
InicioNewsActualidadeO núcleo de Cedeira, en As Neves, prepara unha noite terrorífica de...

O núcleo de Cedeira, en As Neves, prepara unha noite terrorífica de escapismo como antesala a samaín

A aldea de Cerdeira, nas Neves, volverá a convertirse na capital do terror. O pequeno núcleo, sen apenas habitantes, vivirá o sábado 25 de outubro unha noite terrorífica da man da A.C Carballo da Chan e coa colaboración da asociación O Camiño do Terror de Nigrán.

Cerdeira converterase así nun gran xogo de escapismo onde os concursantes, mediante a axuda dun mapa, terán que percorrer o pobo visitando once localizacións distintas, a maioría casas vellas e abandoadas, e superar probas.

A actividade terá lugar entre as 19 e a 1:00 horas, en Cedeira. As persoas participantes deberán organizarse en grupos de entre 6 e 12 persoas e superar as diversas probas ata completar o mapa.

Durante o traxecto, tal e como informan dende a organización, haberá, ademais de sustos, seis obxectos escondidos. A persoa que atope un deles, deberá levalos á barra do bar e intercambialo por unha bolsa agasallo.

A actividade ten un prezo de cinco euros por persoa, sendo de balde para menores de 12 anos que deberán ir acompañados dun adulto. As persoas interesadas en participar, poden cubrir a seguinte ligazón para formalizar a súa inscrición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS