O vindeiro 2 de novembro celebrarase en Ponteareas o congreso local do Partido Popular de Ponteareas, co fin de escoller a presidencia do partido e, por consecuencia, o futuro ou futura candidata do partido de Ponteareas.
Segundo informou a actual alcaldesa de Ponteareas e candidata actual do Partido Popular, Nava Castro, será ela unha das candidatas á presidencia da agrupación local.
Por outra banda, a actual presidenta do Partido Popular de Ponteareas, Belén Villar, incide en que «a convocatoria desde congreso local é un proceso normal, co que se pretende renovar e reforzar o partido».
Villar engade que «hai afiliados que me animan a seguir estando e liderando este proxecto» pero asegura que «busco unha integración e non unha división. Sempre fun unha persoa de partido».
Polo de agora, a actual presidenta insiste en que «non pode afirmar nin desmentir que se vaia presentar» xa que «o comité foi convocado no día de onte».