martes, octubre 7, 2025
InicioNewsActualidadeA Copa Galicia de Ciclocrós estréase no Porriño e contará con máis...

A Copa Galicia de Ciclocrós estréase no Porriño e contará con máis de 250 participantes

O Porriño será escenario inaugural da Copa Galicia de Ciclocrós. Así, o calendario do último certame autonómico do ano arranca o vindeiro sábado, 11 de outubro, co VIII Trofeo Ciclocrós Avanza – Concello do Porriño, a primeira das dez xornadas puntuables na que se espera a participacións de máis de 250 ciclistas, chegados de toda Galicia e Portugal.

A proba, que tamén está incluída no calendario da Federación Española de Ciclismo, terá lugar nun tramo de preto de 3 quilómetros nas inmediacións da pistas de atletismo localizadas no polígono de A Granxa ao longo de toda a mañá, iniciándose ás 11.00 horas as primeiras mangas. Disputaranse carreiras masculina e feminina das categorías infantil, cadete, junior, sub 23, elite masculino e máster 30/40/50/60.

“É unha honra para O Porriño acoller o inicio da Copa Galicia de Ciclocrós. Este VIII Trofeo Ciclocrós Avanza – Concello do Porriño consolídase como unha cita destacada no calendario deportivo galego, reunindo a máis de 200 ciclistas e promovendo o deporte base e de competición nunha contorna privilexiada”, sinalou o alcalde Alejandro Lorenzo durante o acto de presentación, facendo fincapé en que “dende o Concello seguimos apostando por eventos que dinamizan a nosa vila, que fomentan hábitos saudables e que nos sitúan no mapa como referente do deporte galego. Desexámoslle moita sorte a todas as persoas participantes e animamos á afeccionados do ciclismo e á veciñanza en xeral a achegarse e desfrutar dunha xornada de deporte e convivencia».

As inscricións seguirán abertas ata o xoves, 9 de outubro, a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo, precisamente o seu presidente, Juan Carlos Muñiz, acudiu tamén ao acto de presentación, no que estiveron membros da directiva da entidade organizadora, a Asociación Deportiva Avanza, encabezada polo seu presidente, David García, a quen dende o Concello agradeceron o seu labor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS