A Garda Civil Fiscal de Tui vén de intervir un total de 100 pares de zapatos de presunta procedencia ilícita.
Os feitos ocorreron cando, Axentes do Destacamento Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Tui, interceptan un vehículo que transportaba no seu interior diversas caixas con cen pares de zapatos que carecían de documentación que acreditara a súa lícita procedencia.
Segundo comprobaron os axentes, a mercandía procedía de China tal e como se indicaba na caixa. Ante a ausencia de documentación de importación legal, os axentes actuantes levantaron acta por unha posible infracción de lei 12/1995 de Represión do Contrabando, intervindo a mercadoría.
O material incautado quedou precintado, baixo custodia do seu propietario, un veciño de Tui de 30 anos de idade con multitude de antecedentes policiais, e a disposición do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra.