As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas continúan en folga indefinida. Durante este mércores, realizaron, un día máis, unha manifestación diante do Concello co obxectivo de reclamar á alcaldesa, Nava Castro, que rescinda o contrato á empresa concesionaria. Neste caso, Óbolo.
E é que as traballadoras do SAF de Ponteareas indican que “non cobramos o que temos que cobrar” e “cando cobramos, cobramos tarde”. Ademais, rexeitan o acordo ao que achegou o Concello coa empresa concesionaria para incluir pluses de productividade así como a implatación de novos móbiles para mellorar “a comunicación”.
Neste contexto, insisten en que “seguiremos rebentando os plenos ata que teñamos unha solución”.

