A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, suspendeu o pleno celebrado na tarde de onte debido ás protestas e manifestación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no salón de plenos.
Durante a sesión plenaria, foi posible aprobar cos votos a favor do goberno local, o orzamento municipal para o exercicio de 2026 entre berros de «folga, folga, folga no SAF».
Tras a aprobación, debido ao ruido na asamblea, procedeuse á paralización do pleno. O equipo de goberno, formado por Partido Popular, ACIP e Independentes por Ponteareas, abandonou as instalacións; mentres, a oposición, formada por PSdG, BNG e Ponteareas en Común, sumáronse á manifestación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.