miércoles, octubre 8, 2025
InicioNewsActualidadeBaiona celebra o Día dos Maiores cunha pequena camiñata e a lectura...

Baiona celebra o Día dos Maiores cunha pequena camiñata e a lectura dun manifesto

Baiona celebra o vindeiro mércores 1 de outubro o Día das Persoas Maiores da man do Centro de Día de Baiona.

A xornada comezará cunha camiñada ás 11:30 horas dende a Carabela Pinta ata a Praza do Concello, onde se procederá á lectura do manifesto do día co obxectivo de dar visibilidade e empoderar as voces das persoas maiores para un futuro inclusivo.

Baixo o lema «Faite oír!«, a campaña pretende celebrar «a importancia, a experiencia e a forza das persoas maiores do municipio», aseguran dende o goberno local.

Para máis información, está dispoñible o número de teléfono 986 358 455 ou presencialmente no Centro de Día de Baiona.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS