viernes, septiembre 26, 2025
InicioNewsActualidadeA cultura persa aterra no Porriño cun obradoiro de iniciación á confección...

A cultura persa aterra no Porriño cun obradoiro de iniciación á confección de alfombras

Un achegamento á cultura persa. Iso é o que quere conseguir Bita Saghaeian coa súa nova proposta no Porriño. «Kolbéh de Persa» é o espazo multidisciplinar que se inaugura na vila do Louro da man de Bita. Un lugar que nace co obxectivo principal de representar a cultura persa para o público galego e español.

Aínda que o local comezou a funcionar a finais de verán, Bita quixo esperar ao mes de setembro para inaugurar oficialmente o seu novo establecemento, compartindo con todas aquelas persoas que desexen coñecer o espazo unha xornada de portas abertas.

A xornada terá lugar este sábado 27 de setembro a partir das 12:30 horas. Alí, Bita ofrecerá unha charla de presentación sobre todas as actividades que realiza no centro e un pequeno obradoiro de iniciación á confección de alfombras persas, acompañado de petiscos e viño.

O evento é de carácter gratuíto, e chega, tal e como conta Bita, «con vir con gañas de descubrir o arte persa» ao que engade que «o obradoiro de alfombras non require experiencia previa».

Kolbéh de Persa ofrecerá no seu espazo obradoiros artísticos como confección de alfombras ou estampación de superficies, así como apoio lingüístico nos idiomas inglés e francés para adolescentes e adultos. .

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS