miércoles, septiembre 24, 2025
InicioNewsActualidadeAlumnado do Colegio Lar acada a décima posición no Campionato de España...

Alumnado do Colegio Lar acada a décima posición no Campionato de España de Robótica

Un grupo de alumnado do Colegio Lar vén de participar a pasada fin de semana na final nacional da World Robot Olympiad (WRO) que se celebrou en Cáceres, alcanzando a décima posición.

A WRO trátase dunha competición de robótica educativa do ámbito internacional que ofrece ás persoas mozas a oportunidade de achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e enxeñaría. Os estudantes, coa orientación dun adestrador, deben deseñar, construir e programar un robot innovador que supere o reto proposto. Deste modo, aprenden e demostran a súa capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais. Ademais, ten como principal obxectivo fomentar a interese de nenos e mozos nas disciplinas STEM.

Concretamente, na final nacional participaron aproximadamente 120 equipos de toda España, distribuidos en distintas categorías. Entre eles, participou, na categoría Robomisión, o equipo «Los Pimpollos del Lar», que foran previamente clasificados na proba nacional tras gañar a fase local.

O tema deste ano foi «O futuro dos Robots» e o alumnado tivo que afrontar un reto que consistía na exploración de Marte, simulando tarefas como recoller mostras, transportar auga ou atravesar terreos complicados.

Cada equipo debía desenvolver solucións robóticas que cumplisen os obxectivos propostos de forma autónoma, aplicando estratexias de programación, deseño e planificación.

Finalmente, o equipo do Colegio Lar conseguiu a décima posición a nivel nacional na súa categoría. Dende o centro aseguran que «aínda que non lograron a clasificación internacional, que se disputará en novembro en Singapur, a experiencia resultou moi valiosa, permitindo ao alumnado aprender, compartir coñecementos con outros equipos e reforzar competencias chave como a creatividade, o traballo en equipo e a resolución de problemas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS