miércoles, septiembre 24, 2025
InicioNewsA terraA Guarda inicia a campaña do contedor marrón cun punto de información...

A Guarda inicia a campaña do contedor marrón cun punto de información na Alameda

Este xoves 25 de setembro instalarase na Alameda da Guarda un punto de información sobre o contedor marrón. A partir das 16:00 horas as persoas interesadas poderán acudir a este punto para informarse sobre o uso do contedor, a solicitude de chaves, etc.

Ademais, porase a disposición información sobre os novos composteiros e as novas biotrituradoras que o Concello da Guarda adquiriu coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Haberá unha máquina biotrituradora e un composteiro para que a cidadanía poida ver os
servizos que poden solicitar e informarse sobre eles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS