martes, septiembre 23, 2025
InicioNewsO PaísOs hoteis galegos aumentan en agosto un 4% os seus ingresos ata...

Os hoteis galegos aumentan en agosto un 4% os seus ingresos ata chegar aos 84,3 millóns de euros

Os hoteis e pensións galegos ingresaron no mes de agosto 84,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,3% en relación ao ano pasado e a cifra máis alta da serie histórica. En termos económicos, e de xeito acumulado, de xaneiro a agosto, os ingresos hoteleiros ascenderon a preto de 313 M€, o que supón un incremento do 5,6%.

Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre viaxeiros e noites nos hoteis e pensións rexistrados no mes de agosto. A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento (campings, albergues, casas rurais…) que o INE publicará a vindeira semana, constátase que, só ese mes, escolleron esta modalidade de aloxamento algo máis de 752.000 viaxeiros aloxados e máis de 1,6 millóns de noites nos establecementos hoteleiros.

Por mercados, no caso do turismo internacional, mantén por terceiro ano consecutivo o nivel de demanda por riba das 330.000 noites, rexistrando así, no que se refire ás noites na segunda cifra máis elevada da serie histórica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS