O Punto Limpo Móbil inicia unha nova ruta polas parroquias de Salvaterra de Miño. O vehículo, 100% eléctrico, permitirá a recollida de residuos urbanos non convencionais naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese.
Así, o punto comezará a rodar de novo o vindeiro 6 de outubro na parroquia de Porto. O vehículo percorrerá as 17 parroquias, sendo a última data prevista o 17 e 18 de marzo en Salvaterra de Miño.
Os obxectivos principais que se acadan con este servizo son «a mellora da recollida de residuos especiais municipais ao tempo que se introducen e popularizan entre a veciñanza de Salvaterra conceptos como a corresponsabilidade e a economía circular» apuntan dende o goberno local.


