martes, septiembre 23, 2025
InicioNewsActualidadeO minigolf máis grande de Galicia inaugura este venres con acceso gratuíto...

O minigolf máis grande de Galicia inaugura este venres con acceso gratuíto en Tui

O minigolf máis grande de Galicia, o MiniGolf Tui Green 18, abrirá as súas portas este venres 26 de setembro en Tui. A xornada, na que se poderá probar o xogo de forma gratuíta, comezará as 17 horas e terá lugar nos xardíns exteriores do Hotel Alfonso I, ubicado na parroquia de Guillarei.

A nova instalación, que conta con 18 buratos, é apta para o desfrute tanto de nenos e nenas como adultos. Dende a dirección do hotel aseguran que «o xogo contará con 18 niveis, con dificultades para os adultos, pero tamén poderán xogar os máis cativos».

Nesta primeira data de apertura, as instalacións abrirán ao público de forma gratuíta nunha xornada lúdica onde haberá música, petiscos e tempo de xogo. É imprescindible reservar previamente no 986 60 70 60 ou en reservas@hotelalfonsoprimero.com

Nova zona de ocio en Tui

horario de apertura será de 9:00 a 21:00 horas no verán e de 10:00 a 19:00 horas no inverno. O prezo da entrada será de 10 euros para maiores de 12 anos e 5 euros para nenos e nenas de ata 12 anos.

Coa entrada, entregarase un pau e bola por persoa, así como un pequeno libro onde anotar as puntuacións.

Deste xeito, esta nova proposta súmase a outras actividades de ocio que permite realizar este hotel sen necesidade de estar aloxado como o aluguer das pistas de pádel, a mesa de ping pong e o recentemente inaugurado Wellness Spa Privado. Ademais, o aparcamento é gratuíto.

As reservas para todas as actividades poden realizarse a través do correo electrónico reservas@hotelalfonsoprimero.com ou no teléfono 986 60 70 60.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS