lunes, septiembre 22, 2025
InicioNewsActualidadeUn autobús escolar chocou contra un muro esta mañá en Ponteareas

Un autobús escolar chocou contra un muro esta mañá en Ponteareas

Un autobús escolar saiu da vía esta mañá na estrada EP-2703, ao seu paso pola parroquia de Padróns, en Ponteareas. Os pasaxeiros, sete alumnas e alumnos do IES Pedra da Auga, resultaron ilesos ao igual que a conductora do autocar.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 08:05 horas a través dun particular que alertaba de que o vehículo quedara envorcado na cuneta. Debido á súa posición, as portas quedaran inservibles e os ocupantes non podían abandonar o autobús polos accesos habituais.

Por este motivo, desde a sala de operacións solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, que procederon a evacuar, a través do teito, a seis rapaces de entre 13 e 15 anos e á condutora.

A pesar do aparatoso do sinistro, todos eles atopábanse en bo estado e non precisaron asistencia sanitaria. Ademais, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS