O Concello de Salvaterra de Miño ofrece, a través do programa DIGALICIA, unha formación gratuita en dixitalización de PYMEs. As persoas interesadas poderán asistir en modalidade presencial na Aula de Capacitación Dixital do Concello.
En total serán tres sesións presenciais os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro en
horario de 16:30 a 19:30 horas destinadas a empresas nas que se tratarán as seguintes
temáticas:
- Facturación electrónica
- Prazo de entrada en vigor
- Persoas e operacións suxeitas ás obrigas de facturación electrónica e sistemas
informáticos de facturación - Requisitos da factura electrónica, referencia ao sistema Verifactu
- Réxime sancionador
- Preguntas e dúbidas
- Ciberseguridade
- Control horario dixital
- Marketing e posicionamento web
- Redes sociais
- WhatsApp Business
- Loxística e formato
Para máis información e inscricións está a disposición dos usuarios o teléfono610586185 ou o correo antonio.juncal@estudiosrafer.es
