lunes, noviembre 3, 2025
InicioNewsA RaiaNova data para desfrutar do espectáculo pirotécnico de Monçao, cancelados en agosto...

Nova data para desfrutar do espectáculo pirotécnico de Monçao, cancelados en agosto a causa dos incendios

Monçao vén de reprogramar a sesión de fogos de artificio, tras ser cancelada no mes de agosto durante a celebración das Festas na honra á Virxe das Dores debido ao estado de alerta activo en todo o país a causa dos incendios forestais.

Así, este sábado 20 de setembro ás 00:00 (PT), 1:00 horas, en horario español, as persoas que desexen poderán desfrutar do espectáculo pirotécnico tradicional das festas.

A xornada vén acompañada dunha ampla programación que comezará ás 20:00 horas (ES) cunha misa na honra á Virxe das Dores na igrexa matriz de Monçao. Ás 23:00 horas (ES) terá lugar a actuación do grupo «ShowBand» e á 1:00 horas (ES) comezará o espectáculo pirotécnico.

Ao remate da sesión de fogos de artificio, que durará 30 minutos, retomará a súa actuación o grupo Show Band.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS