miércoles, septiembre 17, 2025
InicioNewsActualidadeA aula CEMIT de Tui acolle dous obradoiros de competencias dixitais

A aula CEMIT de Tui acolle dous obradoiros de competencias dixitais

A Aula CEMIT de Tui acollerá o martes, 30 de setembro, dous obradoiros de competencias dixitais dentro do Programa Formación Dixital. Cada un deles terá unha hora de duración. O primeiro será “Competencias dixitais. A clave para o emprego” e o segundo “Maiores conectados”.

O obradoiro “Competencias dixitais. A clave para o emprego” celebrarase de 9.30 a 10.30 h. No mesmo abordaranse cuestións coma buscar emprego en liña e usar portais como Infojobs, SEPE, LinkedIn, como redactar e enviar un bo currículo dixital, participar en entrevistas virtuais, ou facer trámites coa administración pública. As persoas participantes poderán coñecer recursos dixitais gratuítos para mellorar a súa formación e atopar emprego.

De 11 a 12 h celebrarase o obradoiro “Maiores conectados” no que se ensinará coma buscar información en internet, aprender a usar o Whastapp e o correo electrónico, a realizar trámites en liña, solicitar cita no centro de saúde, a evitar estafas e fraudes dixitais, entre outros aspectos.

As persoas que desexen participar poden inscribirse https://cemit.xunta.gal/gl/centros/tui ou contactando co 986 60 37 47 en horario matinal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS