O Concello de Salvaterra de Miño presenta as tres saídas que se realizarán dentro do programa de envellecemento activo, enmarcado no Proxecto do Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 denominado “Red de Gobernanza del Río Minho Transfronterizo”, para maiores de 65 anos.
O obxectivo deste programa, onde tamén se están realizando cursos, é promover un envellecemento activo mediante a actividade cognitiva, física e socioemocional, contemplando diversas saídas que axuden a socialización entre a poboación maior.
Así durante este ano prográmanse as saídas gratuítas a Combarro o 28 de setembro, a Pontevedra o 26 de outubro e a Braga o 15 de novembro. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse no 604073423.
O programa de INTERREG contempla estas saídas grupais de confraternización e excursións conxuntas como vía para fomentar as relacións interpersonais e evitar situacións de illamento. En cada excursión realízase a viaxe en bus coa presenza dun guía acompañante e o correspondente seguro de viaxe.
