martes, septiembre 16, 2025
InicioNewsActualidadeMos acollerá unha tómbola benéfica en favor da Asociación Española Contra o...

Mos acollerá unha tómbola benéfica en favor da Asociación Española Contra o Cancro

O vindeiro sábado 27 de setembro o Pazo de Mos será o escenario dunha xornada solidaria organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Mos (AECC), coa colaboración do Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra, a Fundación Pazo de Mos e os Obradoiros de Emprego de Galicia.

Ao longo de todo o día estará instalada unha tómbola benéfica, cuxos fondos se destinarán integramente á AECC. A xornada estará acompañada dunha ampla programación cultural e lúdica aberta a toda a veciñanza.

O programa da xornada será o seguinte:

  • 11:00 horas: Coral O Son dos Cantares de Tameiga
  • 11:30 horas: Coro Galego Abrente
  • De 17 a 20 horas: Obradoiros Infantís
  • 17:00 horas: Iker Faure
  • 18:00 horas: Actuación do alumnado da Escola Patricia Martínez
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS