viernes, septiembre 12, 2025
InicioNewsO PaísNava Castro dimite como deputada de Turismo e Sandra Bastos renuncia á...

Nava Castro dimite como deputada de Turismo e Sandra Bastos renuncia á área de Igualdade

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, vén de dimitir do seu posto como deputada de Turismo na Deputación de Pontevedra. Xunto a ela, tamén deixa o seu cargo a popular Sandra Bastos, quen lideraba a área de Igualdade e Benestar Social do ente provincial. As dúas renuncias fixéronse efectivas durante este venres.

Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, trátase dun pacto ao que chegou o grupo provincial do Partido Popular despois de recuperar a Deputación de Pontevedra nas eleccións municipais do 2023. Previsiblemente, serán sustituidas polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e pola líder do PP en Gondomar, Paula Bouzós, respectivamente.

Despedida

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, puxo en valor o traballo que levaron a cabo Nava Castro e Sandra Bastos nas súas áreas e indicou que «os partidos xudiciais aos que representaron, en especial Ponteareas e Redondela, poden estar orgullosos delas».

López augurou que «é só unha etapa que se pecha, pero viranlles moitas máis».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS