A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condena a oito anos e cinco meses de prisión a un mozo por violar e ameazar a unha rapaza en Ponteareas, á que coñeceu unha noite nun local de ocio. Ademáis, deberá indemnizala con 10.000 euros.
Os feitos ocorreron na noite do 4 ao 5 de maio de 2025 e segundo se recolle na sentenza, tras saír de festa, acusado e vítima foron á casa deste, e foi alí onde se produxeron os feitos denunciados. Concretamente, o procesazo forzou á vítima a manter relacións sexuais.
O investigado, tras a agresión, obrigouna a darse unha ducha e amenazouna dicindo que «se lle dicía algo á policía iría a por ela«. A vítima conseguiu fuxir da vivenda e esconderse nun lugar ata que chegaron os axentes de policía, e denunciou o acontecido.
O tribunal considera acreditados «os feitos descritos na declaración» da denunciante. Indican que esta, ademais, se corrobora cos testemuños dos policías que acudiron ao lugar onde se atopaba a rapaza e dos das amigas de esta, coas que intercambiou mensaxes polo móbil tras producirse a agresión.