jueves, septiembre 11, 2025
InicioNewsActualidadeIncautan 6000 quilos de uva branca procedente de Portugal nunha nave de...

Incautan 6000 quilos de uva branca procedente de Portugal nunha nave de Salvaterra de Miño

O Seprona de Tui, xunto coa Garda Civil de Arbo, veñen de incautar en Salvaterra de Miño un total de 6000 quilogramos de uva branca, que se atopaba localizada no interior dunha nave.

A froita, segundo se informou dende o instituto armado, foi transportada nun camión dende Portugal sen a documentación pertinente e sen ter sido declarada nos rexistros vitivinícolas, carecendo de trazabilidade, e introducíndoa de forma ilegal na zona de Denominación de Orixe Rías Baixas.

A Garda Civil identificou e denunciou tanto ao posuidor da mercancía, veciño da localidade, como ao transportista e propietario da uva, veciño de Portugal. Ao tempo, a denuncia foi trasladada ao Servizo de Industrias, Calidade e Cadena Agroalimentariade Pontevedra, dependente da Xunta de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS