Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsActualidadeA Plataforma N-120 convoca unha manifestación pacífica ao paso de La Vuelta...

A Plataforma N-120 convoca unha manifestación pacífica ao paso de La Vuelta por Ponteareas

O colectivo de afectados Plataforma N-120 de Ponteareas vén de convocar unha manifestación pacífica co obxectivo de facer público o “grave problema de seguridade” que sofren as veciñas e veciños das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

O obxectivo é mostrar, durante o paso dos ciclistas pola Nacional 120, a través de pancartas a problemática coa estrada baixo o lema “non máis mortes”.

Os puntos de encontro e horarios que establece a plataforma son os seguintes:

  • Na rotonda do cruce a Mondariz ás 14:13 horas
  • No cruce de Guláns ás 14:15 horas.

Dende o colectivo aconsellan chegar unha hora antes do paso previsto pola organización para “evitar non chegar a tempo”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS