sábado, diciembre 6, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeMos avanza nas obras do novo espazo verde da Veigadaña que busca...

Mos avanza nas obras do novo espazo verde da Veigadaña que busca mitigar o efecto «illa de calor»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente, Laura Senlle, e a enxeñeira municipal Raquel González veñen de visitar as obras do proxecto “Espazo verde municipal no Polígono Empresarial de Veigadaña» orientado a atenuar o efecto illa de calor urbano, unha actuación que supón a recuperación dun espazo degradado, actualmente en desuso, para transformalo nunha área verde ao servizo dos usuarios do polígono e da veciñanza.

O proxecto ten como obxectivo crear un espazo de esparcemento e descanso próximo ao polígono industrial, pensado para o desfrute dos traballadores das empresas da contorna e en conexión cunha área xa existente de descanso para peregrinos do Camiño de Santiago.

A intervención conta cun orzamento de 52.283,51 euros, dos que o 80% está financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia a través do programa Galicia Refuxio Climático, mentres que o Concello de Mos achega o 20% restante.

A iniciativa busca desenvolver infraestruturas verdes piloto para mellorar a biodiversidade, recuperar un espazo natural degradado e deseñar paisaxes máis resilientes, incorporando ferramentas innovadoras de xestión sostible.

Entre as actuacións previstas destacan a limpeza e recuperación do terreo mediante roza, poda e eliminación de vertidos; refino e planeo do camiño, con apertura de cunetas e compactación da zona verde de esparcemento; sendeiro iluminado con balizas solares que garanten un consumo 100% renovable; instalación de mesas, bancos e papeleiras de madeira, respectuosos co entorno; plantación de árbores e especies autóctonas, que proporcionarán sombra e favorecerán a biodiversidade.

As obras teñen como prazo de execución o 17 de novembro de 2025, cando se prevé que este novo espazo verde estea xa dispoñible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS