O poeta Samuel Merino ofrecerá un recital este sábado, a partir das 12:10 horas, no marco da nova edición do Festival de Poesía do Condado. Celebrarase, como é habitual, no municipio de Salvatera de Miño.
Nos micrófonos de Si Radio, Merino avanza que será a primeira vez que recite, de xeito oficial, varios poemas do seu último libro, Manual de camuflaxe.



