jueves, septiembre 4, 2025
InicioNewsComarcasInvestigan a dúas persoas por causar un incendio forestal en Fornelos de...

Investigan a dúas persoas por causar un incendio forestal en Fornelos de Montes

O Equipo Básico de Inspeccións Oculares da Garda Civil do Porriño vén de investigar a unha muller de 30 anos, veciña de Barro, e a un home de 45, veciño de Caldas de Reis, por un presunto delito de incendio forestal. O lume tivo lugar na contorna do cemiterio da parroquia de Estacas, en Fornelos de Montes.

O incendio iniciouse o pasado día 28 de xullo, durante os labores de roza que estaban a realizar operarios dunha empresa e foi producido por unha faísca dunha das máquinas que estaban a empregar, «prendendo lume de inmediato na matogueira», segundo explican desde a Garda Civil.

Segundo as investigacións, debido ao forte vento existenteo lume chegou ameazar unha granxa de animais próxima, pero, finalmente, non se mirou afectada. Ademais, os axentes da Garda Civil indican que cómpre lembrar que o Indice de risco diario de incendio forestal correspondente ao citado día na zona era de «moi alto a extremo«.

O lume afectou, segundo as estimacións da Garda Civil, a unha extensión de 0.45 hectáreas. Polo de agora, instrúense dilixencias entregadas no Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución de garda dos de Redondela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS