O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar unha nova iniciativa que se desenvolverá no mes de setembro baixo o nome “Salceda en forma”.
A iniciativa busca promocionar o comercio local, o deporte e a vida activa. Cada xoves de setembro ás 20.00h os locais de adestramento do municipio realizarán unha clase aberta e gratuíta no parque Raíña Aragonta para que toda a veciñanza poida coñecer o seu traballo e os beneficios do deporte.
As sesións ofertadas por cada un dos establecementos centraranse en temáticas diferentes:
- Xoves 4 de setembro: Mere Fit Personal Trainer: crostraining
- Xoves 11 de setembro: Ximnasio Ozono: taekwondo
- Xoves 18 de setembro: Emerxe centro de adestramento: espalda sana, HIIT e funcional
- Xoves 25 de setembro: The kick&box club Salceda: boxeo para tódalas idades
A concellaría de deportes que dirixe Marcos Troncoso, e a de comercio e benestarsocial que dirixe Selene González únense para botar a andar esta novidosa iniciativa que se celebra por vez primeira en Salceda.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, destacou que “Salceda é un Concello vivo e dinámico que aposta polo comercio local. Con esta iniciativa apoiamos á xuventude que aposta polo emprendemento na súa terra sendo esenciais para a dinamización comercial e o benestar da nosa veciñanza”.