sábado, diciembre 6, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeMondariz Balneario volve aos anos 20 coa súa Festa da Temporada

Mondariz Balneario volve aos anos 20 coa súa Festa da Temporada

Mondariz Balneario celebrará a vindeira fin de semana, os días 13 e 14 de setembro, a súa Festa da Temporada, unha celebración inspirada na década dos anos 20. A vila balnearia transformarase nunha auténtica viaxe ao pasado, co glamour e a elegancia da década dourada como grandes protagonistas.

O evento dará comezo nos Xardíns do Gran Hotel ás 12 horas do sábado 13 de setembro, coa lectura do pregón a cargo do periodista e presentador Xabier Fortes. O broche final á festividade terá lugar ás 20:30 horas do domingo, coa actuación musical do grupo «Agarimos da Terra».

Durante as dúas xornadas, a programación variada acollerá diferentes actividades: xogos da época como o lawn tennis e o croquet, oferta gastronómica variada, catas de queixo, viño, sidra e auga, obradoiros tradicionais e artesanais, teatro, música e concertos en directo e actividades deseñadas especialmente para a cativada.

O alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, asegura que «esta é unha festa que naceu para quedarse e ir medrando ano a ano. Por iso, animamos a todas as persoas que nos visiten veñan caracterizadas da época, desta maneira, Mondariz Balneario volverá por uns días ao pasado».

Programación completa da festa:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS