O Teleclub de As Cortellas, na parroquia pontareá de Padróns, celebra o vindeiro venres 12 de setembro a I Baixada de Carrilanas das Cortellas.
Unha carrilana trátase dun vehículo de madeira, sen motor, que descende por costas impulsadas pola forza da gravidade.
O evento promete ser «unha diversión para toda a familia» e durante o mesmo sortearease un xamón entre os participantes.
A xornada dará comezo ás 20 horas e ao remate da baixada dará comezo o concerto do grupo Demasiadas Sombras y Pocas Luces. O concerto comezará ás 23 horas, aproximadamente e a entrada será de balde.
