O grupo municipal de participación infantil e xuvenil ParTUIcipando está aberto a novas incorporacións. Vai dirixido a rapazas e rapaces con idades entre os 9 e os 17 anos que neste espazo poderán expresase libremente, compartir ideas e construír propostas reais para mellorar a cidade, tendo en conta os seus dereitos e necesidades.
Así a través do grupo ParTUIcipando a mocidade pode participar en actividades creativas e dinámicas, opinar sobre o que pasa no seu entorno, coñecer a outras persoas con inquedanzas parecidas, facer chegar as súas propostas ao propio Concello.
Os mozos e mozas que desexen incorporarse a ParTUIcipando poden inscribirse a través da web municipal tui.gal ou contactando co equipo dinamizador no teléfono 604 086 970.
Nos próximos meses o grupo participará no Encontro Autonómico de Participación Infantil e Xuvenil, celebrarase o Pleno Municipal da Infancia en Tui, e acudirán ao Foro da Participación Infantil e Xuvenil no Parlamento Galego.