lunes, septiembre 1, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas comeza o mes de setembro coa celebración do XVI Torneo de...

Ponteareas comeza o mes de setembro coa celebración do XVI Torneo de Tenis Concello de Ponteareas

Coas festas do mes de setembro chega a Ponteareas o XVI Torneo de tenis Concello de Ponteareas. A alcaldesa, Nava Castro, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos Glez. Carrera, e o concelleiro de Deportes, Nicolás Rodríguez, presentaron xunto ao Club Tenis Ponteareas unha nova edición que terá lugar do 6 ao 14 de setembro.

O XVI Torneo de tenis Concello de Ponteareas celebrarase nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluto, veteranos +35 +50 +65, dobres e masculino e feminino.

As pistas da Freixa serán escenario dun evento deportivo no que o ano pasado participaron arredor de 130 participantes de clubs de toda Galicia.

O goberno de Ponteareas recoñece o «importante papel que desenvolven os clubs deportivos que crear escola, fomentan hábitos de vida saudables e atraen a centos de persoas que participan nos eventos deportivos que organizan ao longo da tempada deportiva».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS