lunes, septiembre 1, 2025
InicioNewsActualidadeCurso gratuíto de defensa persoal para mulleres en Baiona

Curso gratuíto de defensa persoal para mulleres en Baiona

O Concello de Baiona abre o prazo para inscribirse no curso de defensa persoal feminina que se celebrará o mércores 17 de setembro. Haberá dúas edicións: unha en horario de mañá de 9.30 a 13.30 horas e outra en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.

O curso componse dunha parte teórica e práctica que se dará en conxunto de forma que a formación sexa dinámica. Na parte teórica traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e o código penal xa que a finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.

Haberá unha parte de desenvolvemento do control das 5 claves: a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. Tamén se traballará todo tipo de prevención para situacións de risco que leven a evitar todo tipo de confrontamiento físico, pero se este non é evitable aprenderemos un gran amplo abanico de técnicas como poden ser defensas #ante un ataque ou un agarre ao peito ou ao xeito ou un ataque cunha arma branca.

A actividade é gratuíta e foi solicitada polo Concello de Baiona a través da área de igualdade á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado coa Federación galega de Municipios de provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero na que está integrada o Concello de Baiona.

Aquelas mulleres interesadas en inscribirse deben enviar á dirección electrónica do Centro de Información á Muller cim@baiona.gal os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e copia de DNI e para máis información poden contactar no teléfono 986357554.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS