sábado, diciembre 6, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeAs forzas armadas vixiarán os montes do Concello de Ponteareas

As forzas armadas vixiarán os montes do Concello de Ponteareas

Membros do Exército de Terra e da Armada da Operación Centinela vixiarán os montes galegos, en coordinación cos organismos competentes de Galicia, para colaborar na prevención de incendios forestais, a través de actividades de presenza e disuasión.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos Glez. Carrera, e a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fdez Táboas, acompañados do segundo tenente de alcaldesa, Jesús Cao, e do técnico de Medio Ambiente municipal mantiveron unha reunión de traballo cos militares da Brigada Galicia VII / BRILAT.

As patrullas terrestres realizarán o seu labor de vixilancia e disuasión nas 24 parroquias tanto con percorridos terrestres como dende diferentes observatorios.

O concelleiro de Seguridade salientou a capacidade disuasoria desta medida mentres a concelleira de Urbanismo adiantaba que «tal e como marca a estratexia Infraestrutura Verde, o patrimonio natural é un dos piares sobre o que se sustentará o futuro do concello». Por este motivo, ambos concelleiros manifestan que «seguirán procurando os apoios necesarias para previr e evitar danos ao medio ambiente».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS