Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o Concello da Guarda viuse obrigado a suspender o concerto do grupo galego The Rapants co que pretendía «despedir o mes de agosto».
A banda actuará, tras a reprogramación, o vindeiro xoves 4 de setembro, para «desfrutar das últimas xornadas antes da rutina do novo curso» aseguraban dende o goberno local.
A actuación terá lugar no antigo estadio do Tegra a partir das 22:30 horas e ás 21:30 horas dará comezo a sesión DJ previa de Cristian Pereyra.