Ponteareas comeza a conta atrás para celebrar as súas Festas de Setembro que terán lugar entre o 5 e o 8 e do 26 ao 29 de setembro.
Entre a celebración das festas enmárcase a Feira dos Remedios, que dará comezo o venres 5 coa lectura do pregón a cargo de Marcos Pereiro e ten por obxectivo remontarse á Ponteareas de principios do século XX recreando a tradicional feira celebrada nos anos 1900.
Como gran novidade, este ano ademais dos máis de 50 postos de artesanía, xogos populares, o mercado e oficios tradicionais ou a feira gandeira celebrarase un xantar popular no Parque da Feira Vella, para o que será preciso inscrición previa.
Programación completa das Festas de Setembro a continuación:
XOVES 4
17:30 h. Obradoiro de chapas e manualidades infantís “Festas dos Remedios”. Xardíns da Xiralda
VENRES 5
12:00 h. Diversas rúas. Desfile de xigantes e cabezudos acompañados dun grupo musical
19:00 h. Actuación Carlos Núñez (Xira Lugares máxicos). Castro de Troña
21:00 h. Apertura dos postos enogastronómicos. Praza de Bugallal
21:00 h. Lectura do pregón a cargo de Marcos Pereiro. Casa do Concello
22:00 h. Actuación da Orquestra Galilea. Praza Maior
SÁBADO 6
XVII Feira Tradicional dos Remedios e XXXVIII Festival Folclórico do Condado
11:00 h. Apertura da Feira dos Remedios e inicio das actuacións dos grupos folclóricos
12:00 h. Obradoiro de rosquillas de Ponteareas. ARTISTEA
21:00 h. Espectáculo de lume e circo “Forza ignea”. Praza de Bugallal
22:00 h. Actuación do Grupo Tokio. Rúa Rosalía de Castro
00:30 h. Actuación da Orquestra Suavecito. Praza Maior
DOMINGO 7
13:00 h. Actuación da Charanga Noroeste. Torreiro de Nogueira
18:00 h. Teatro musical «Laia, aprendiz de maga». Casa do Concello
21:00 h. Actuación Grupo Horizon. Praza Maior
LUNS 8
17:00 h. Musical «Abordaxe pirata» de Barafunda Animación. Casa do Concello
19:00 h. Tirada de foguetes
19:30 h. Misa solemne con procesión acompañada da Banda Reveriano Soutullo
21:30 h. Concerto da Banda Reveriano Soutullo. Praza de Bugallal
22:30 h. Actuación da Orquestra La Banda de Ayer. Praza Maior
VENRES 12
19:00 h. Rastrexo urbano. Casa do Concello
SÁBADO 13
12:00 h. Pasarrúas da Banda de Música Unión de Guláns. «O Son do Tea»
12:30 h. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns. «O Son do Tea». Xardíns da Xiralda
DOMINGO 14
09:00 h. Ciclismo “Gran premio Festas de Setembro Borja Gómez Méndez”
10:30 h. IX Festa de exaltación do pemento en Guláns. Parque da Avisoureira de Guláns
18:00 h. III Encontro de corais “Ángel Viro”. Auditorio Reveriano Soutullo
MÉRCORES 17
17:30 h. Obradoiro “Globos de San Miguel”. Auditorio Reveriano Soutullo. Para nenas/os menores de 6 anos
SÁBADO 20
16:00 h. Baloncesto 3×3. Praza Maior
16:30 h. Ruada dos grupos participantes no LVII Concurso de Gaitas de Ponteareas
17:00 h. LVII Concurso de Gaitas de Ponteareas. Auditorio Reveriano Soutullo
DOMINGO 21
12:00 h. Pasarrúas da Banda de Música de Xinzo. «O Son do Tea»
12:30 h. Concerto da Banda de Música de Xinzo. «O Son do Tea». Xardíns da Xiralda
MÉRCORES 24
17:30 h. Obradoiro “Globos de San Miguel”. Auditorio Reveriano Soutullo. Para nenas/os maiores de 6 anos
VENRES 26
19:30 h. Desfile de xigantes e cabezudos, acompañados dun grupo folclórico
20:00 h. Gala Ponteareáns distinguidos “Premios Agustina Sarmiento”. Auditorio Reveriano Soutullo
22:00 h. Actuación de A Roda e Dr Slump. Praza Maior
SÁBADO 27
VIII Torneo de Xadrez “Vila de Ponteareas”. Colexio As Veigas
12:00h. Pasarrúas da Banda Reveriano Soutullo. “O Son do Tea”
12:30h. Concerto da Banda Reveriano Soutullo. “O Son do Tea”. Xardíns da Xiralda
19:00h. Rastrexo urbano de San Miguel. Casa do Concello
22:00h. Actuación da Orquestra Metrópolis. Praza de Bugallal
23:30h. Actuación da Orquestra Solara. Praza Maior
DOMINGO 28
12:00h. Pasarrúas da Banda de Música Unión de Guláns. “O Son do Tea”
12:30h. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns “O Son do Tea”. Xardíns da Xiralda
18:00h. “Ponteareas en danza”. Parque da Feira Vella
21:00h. Actuación da Orquestra Charleston. Praza de Bugallal
22:30h. Actuación da Orquestra Capitol. Praza Maior
LUNS 29
10:30h. Tirada de foguetes
11:00h. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns. Xardíns da Xiralda
12:00h. Misa solemne con procesión, acompañada da Banda de Música Unión de Guláns
13:30h. Lanzamento de globos de San Miguel. Praza de Bugallal
18:00h. Espectáculo de maxia “Ledicias” do Mago Paco. Casa do Concello
21:00h. Actuación da Orquestra Panorama City. Praza Maior
Ademais, durante o mes de setembro haberá diferentes actividades complementarias:
6 ao 14 setembro
XVI Torneo Tenis “Concello de Ponteareas”. Pistas de tenis de A Freixa
16 ao 21 setembro
Ocupación Miñota por Comedias do Minho. Auditorio Reveriano Soutullo (programación propia)
24 ao 19 de outubro
Exposición de ilustración “Liñas poéticas” de Alfonso Pexegueiro. ARTISTEA