lunes, agosto 25, 2025
InicioNewsComarcasMos retoma en setembro os cursos de capacitación dixital dirixidos a toda...

Mos retoma en setembro os cursos de capacitación dixital dirixidos a toda a cidadanía

O Concello de Mos, a través da Axencia de Colocación, retoma en setembro os cursos de capacitación dixital incluídos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiados con fondos Next Generation da Unión Europea.

Estas accións formativas, de carácter totalmente gratuíto, teñen unha duración de 30 horas e teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da poboación, ofrecendo oportunidades de formación nas novas ferramentas tecnolóxicas necesarias hoxe en día.

Os cursos están dirixidos a todas as persoas interesadas, tanto mozos e mozas como persoas maiores, persoas desempregadas, traballadores/as ou persoas con discapacidade.

As vindeiras quendas comezarán o 1 de setembro e prolongaranse ata o mes de outubro, con diferentes horarios para favorecer a conciliación e a flexibilidade. Así, as clases terán lugar nas seguintes quendas:

6º curso (nivel baixo-medio): do 1 ao 12 de setembro (09:30 a 12:30 h)
7º curso (nivel baixo-medio): do 22 de setembro ao 3 de outubro (18:00 a 21:00 h)
8º curso (nivel baixo-medio): do 13 ao 24 de outubro (09:30 a 12:30 h)

As prazas son limitadas, polo que se recomenda ás persoas interesadas anotarse canto antes indicando a súa preferencia de datas. As inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a empleo@concellomos.es ou chamando ao 986 48 77 86.

Os cursos desenvolveranse na Axencia de Colocación de Mos situada na Avenida de Peinador.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS