lunes, agosto 25, 2025
InicioNewsComarcasInvestigan a veciños de Ponteareas e de Salvaterra por un incendio forestal...

Investigan a veciños de Ponteareas e de Salvaterra por un incendio forestal e deteñen a outro de Arbo

Axentes da Garda Civil investigan a dous veciños de Ponteareas e de Salvaterra de Miño por un incendio que tivo lugar nomes de xullo e que calcinou 56 hectáreas. Ademais, tamén detiveron a un home de Arbo como presunto autor doutro lume forestal.

Deste xeito, O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Tui vincula a un veciño de 60 anos de Salvaterra de Miño e a outro home de 40 anos do municipio de Ponteareas cun incendio que tivo lugar no monte Codesal, na parroquia de Pesqueiras. As lapas arrasou con 56 hectáreas de monte raso e arbolado.

Segundo as investigacións, trátase do condutor dun tractor que provocou o incendio mentres rozaba baixo unha liña eléctrica e do propietario da empresa responsable do traballo, que se facía sen autorización.

As dilixencias xa foron remitidas ao xulgado de garda de Ponteareas.

Detido un veciño de Arbo por un incendio forestal

Por outra banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, confirmou hoxe en Oia, nunha visita ao municipio por dun incendio forestal, que a Garda Civil procedeu á deter a un veciño de Arbo como presunto autor doutro incendio forestal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS