lunes, agosto 25, 2025
InicioNewsComarcasA Garda Civil detén a un "curandeiro" da Paradanta por incitar a...

A Garda Civil detén a un «curandeiro» da Paradanta por incitar a clientes a manter sexo con el para «curalas»

A Garda Civil vén de deter a un home de 55 anos que enganaba ás mulleres dicíndolles que estaban posuídas por un espírito e que se podían curar se mantiñan relacións seuxais con el. Trátase dun «curandeiro» que actuaba na comarca da Paradanta.

Foron os axentes da comandancia de Tui quenes detiveron a este home, veciño da comarca da Paradanta, que realizaba prácticas de «santeiro» con conxuros e herbas. O seu xeito de proceder consistía en facer crer as clientas que estaban posuídas por un espírito e convencíaas para matner relacións sexuais con el como pate do suposto tratamento.

Foi posto a disposición do Xulgado de garda de Ponteareas e está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a liberdade e a indemnidade sexual, que é o dereito a non sufrir danos físicos ou morais relacionados coa sexualidade.

O home quedou en liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS