O nacionalista Secundino Fernández, quen fora o alcalde de Viana do Bolo desde o ano 2015 e ata o ano 2020, confirma en Si Radio que xa foi rexistrada unha moción de censura no Concello. A moción para desbancar ao Partido Popular da alcaldía está asinada xunto co Partido Socialista.
Fernández indica que aínda teñen que decidir dentro do BNG de Viana do Bolo quen asumirá o bastón de mando do municipio no segundo tramo da alcaldía rotatoria que os nacionalistas pactaron co PSOE. O que fora rexedor do municipio é, na actualidade, deputado no Parlamento de Galicia. O cargo non é compatible polo que, en calquera caso, debería renunciar á súa acta na cámara galega.
Podes escoitar a entrevista completa con Secundino Fernández, aquí: